top of page

A Mercé das CirKunsTanzias (GALICIA-SUIZA)

"Lost & Dead in Thunderland". Exposición performativa multimedia. DURACIÓN: 55 MIN.

 

SÁBADO 12 de marzo de 2016. Ás 18.00 h.  e 20.00 h. Casa das Artes

 

Programa ALT.procrea en Feminino ESTREA

"Unha investigación sobre petroglifos de labirinto estendidos por Galicia leva a Mercé de Rande a explorar os lazos histórico-espirituais que unen Galicia co legado das culturas do Atlántico. Unha viaxe iniciática acompañada por Enea Mangili lévaos a transitar unha tormenta sensible. Movéndose a través da espiral común, como unha chamada a atopar a saída do labirinto.”  (Emile Petit – Codirectora do Festival Nassim O Raqs de Alexandría, Exipto).

"Era unha noite de tebras e negras sombras, era concretamente a longa noite de pedra. Camiñaba no medio do temporal, cando por fin atopou un túnel no que refuxiarse, canto máis avanzaba, máis escuro era todo, andando ía perdendo os contornos, a perspectiva, o horizonte e por suposto non alcanzaba a ver a saída. Logo de moito tentear na escuridade, sentiu de súpeto a presenza dun monstro. Comezou a suar frío, cando se deu conta que monstro e ela eran UNHA" (Mercé de Rande)

Dirección: Mercé de Rande / Interpretación: Mercé de Rande / Enea Mangili / Deseño Iluminación: Mercé de Rande / Enea Mangili / Marius Kob / Co-producen: ALT Vigo , Tanzhaus Zurich e Nassim El Raqs, Alexandria

bottom of page