
ALT.
Festival das Artes Escénicas de Vigo
12.00 H. / CASA ARINES
Casa Arines (Instituto Camões) Praza Teniente Almeida 12:00 h
Programa ALT.procrea en Feminino ENTRADA GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORAMENTO
Mesa-Charla sobre a creación feminina e o proxecto ALT.procrea.
ALT, desde os seus inicios, leva considerando á muller-artista en todas as súas facetas, empoderando o seu lugar na escena e explorando a súa poética. Desde o especial "Soas en escena" (2005) pasando por varios "Marathon woman" as creadoras ocuparon un lugar destacado na programación do ALT que non só dedica "especiais" á muller senón que traballa na paridade en toda a súa programación, mantendo sempre un xusto equilibrio artístico entre homes e mulleres. No ano 2011 nace ALT.procrea en Feminino grazas á colaboración do Área de Igualdade da Universidade de Vigo e da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia cuxo obxectivo é promover a creación desde o seu inicio ata o momento final (se o houbese) permitindo ao público participar dese proceso que as artistas van mostrando durante varias edicións.
Interveñen:
/ Louisa Merino (Artista multidisciplinar)
/ Mercé de Rande (Creadora e Directora )
/ Sara Molina (Dramaturga)
/ Fefa Noia (Directora CdG)
/ Inma López Silva ( Critica,, Profesora de Teoría teatral e Escritora)
/ Lola Correa (Dramaturga e Directora do ALT.)