top of page

Iris Heitzinger & Editta Braun company  (Austria)

 

 "PAULA" . DANZA  / DURACIÓN: 50 MIN. ESTREA NA PENÍNSULA IBÉRICA

 

DOMINGO 13 de marzo de 2016. Ás 18.00 h. AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO

Que queda dunha persoa que está obrigada a vivir sen ningún contacto humano? Inspirada en dous libros: "El muro" de Marlen Haushofer e "El dios de los besos robados" de Stan Nadolny e en colaboración co deseñador de escenografía Arturas Valudski, a coreógrafa Editta Braun e a bailarina Iris Heitzinger crean unha obra que trata do illamento absoluto. Unha hora atrapada, acompañada dunha sensación de inquietude constante. Iris Heitzinger necesita moverse, necesita correr tan lonxe e tan rápido ata que non poida máis, ata que os pulmóns colapsen, ata conseguir unha respiración pesada e que as pernas doan. No seu esgotamento descobre que á súa dereita e esquerda, por diante e detrás construíuse un muro. Non importa cara a onde se dirixa, non hai saída e choca cun frío muro de luz que lle provoca pánico. Ten que saír de si mesma, sentirse, para saber que existe, que está viva.

 

Creación, Interpretación e Coreografía: Iris Heitzinger (www.irisheitzinger.com) / Idea, Dirección, Coreografía: Editta Braun (www.editta-braun.com) / Música orixinal: Thierry Zaboitzeff (www.zaboitzeff.org) / Deseño escenario: Arturas Valudskis / Deseño iluminación: Thomas Hinterberger / Fontes de inspiración: Marlene Haushofer: Die Wand (Hamburg 1968), Sten Nadolny: Ein Gott der Frechheit (München 1994)

 

bottom of page