top of page

 

 

Vértebro Teatro (Andalucía). ESTREA EN GALICIA

 

“ORO”        75m / Teatro. Novas dramaturxias

 

SÁBADO 12 de marzo de 2016. Ás 20.00 h. MARCO (Museo de Arte COntemporánea)

Oro suscita a posibilidade de reactualizar o corpo, o pensamento, a palabra e o desexo. As circunstancias condicionan a creación dun clima de diálogo que é o centro mesmo do traballo do intérprete, que desprega as formas do seu corpo para ofrendalas nun acto presente. Oro é a historia dun home que irá onde faga falta para atopar o xeito máis puro de relacionarse co mundo. O seu corpo non actúa como metáfora; non representa a ninguén, non fala do ser humano. O corpo transcende a súa concreción a través do ofertorio dunha das súas partes, que insiste en ser queimada. O corpo é o osíxeno que permite que ardan as pestes da escena. Insistir. Arder. Transcender.

Creación e Interpretación: Nazario Díaz / Catalizador artístico: Jorge Gallardo Altamirano / Asistente no proceso: Luis Odriozola / Concepto plástico e sonoro:              Nazario Díaz / Asistente de Iluminación: Ángela López, coa colaboración de Ana Rovira / Deseño Gráfico: Juan Diego Calzada

Oro é unha produción de Vértebro, elaborada en residencia entre Polonia e España, na Fundacja Sopot Centralny (Willa FSC, Sopot, Polonia), o Centrum Kultury w Lublinie co apoio de neTTheater - Teatr w Sieci Powiza (Lublin, Polonia), o salón da miña casa en Córdoba, o Centro das Artes de Sevilla e o Laboratorio de Artes en Vivo, Leal.Lav, en Tenerife. Coa colaboración da Delegación de Cultura da Deputación de Córdoba e Graner, Centro de creación do corpo e o movemento, a través do Festival TNT, Terrassa Noves Tendències.

bottom of page