top of page

WOOSHING MACHINE (BÉLXICA)

“HAPPY HOUR” DANZA // Duración: 55 mim.

 

VENRES 11 de marzo de 2016. Ás 20.00 h. MARCO (Museo de Arte Contemporánea)

Happy Hour, a hora da felicidade. Un tempo concentrado máis aló do cotián onde o xogo se sitúa sobre un fío moi fino instalado entre danza e amizade, realidade e ficción. É un acto case sen palabras. Non pasarán tan sequera días, só unha hora, unha hora soamente na cal pararse a ver a felicidade. En que espazo se concreta a amizade e onde comeza a danza? Onde comeza a ficción e se estrela a realidade? Unha pregunta de dobre fío. É o que se consegue con este traballo! Comecemos entón aquí, pactemos este principio: sexamos humanos! esa é a nosa vontade, o noso desexo sobre á creación.

Logo dun percorrido de case 20 anos xuntos, é agora cando podemos defender un século de existencia, aquí está para vós Happy hour: pagas pola primeira, a segunda é de balde.

Dirección e Interpretación: Alessandro Bernardeschi & Mauro Paccagnella /Deseño Iluminación: Simon Stenmans

bottom of page